O PP denuncia o «estado selvático» que presenta o parque biosaludable do Centro de Día en Ponteareas

  • O Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas, Salvador González Solla, denuncia publicamente o estado de abandono que presenta o parque biosaudable do Centro de Día de Ponteareas.

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular queremos denunciar publicamente o estado de abandono que presenta a esta altura de tempada estival o parque biosaudable do Centro de Día de Ponteareas.

O pasado 17 de xuño o alcalde, Xosé Represas, dentro dos actos de celebración do 30 aniversario da Residencia, visitou as instalacións do Centro de Día, e puido comprobar, in situ, polos seus propios ollos, o estado de abandono que presentaba o parque biosaudable instalado no exterior das instalacións. Medio mes despois, o parque segue igual, cheo de malas herbas, que nalgún caso son máis altas cos propios elementos empregados polos maiores do Centro de Día para facer exercicio.

Esta, non deixa de ser máis que unha pequena mostra da nefasta e nula xestión que está a levar o Alcalde como concelleiro responsable de Medio Ambiente do mantemento e limpeza dos parques e xardíns da meirande parte do concello. Esta é irresponsabilidade dun alcalde que non atende aos servizos básicos, tendo en conta que conta con 20 novos traballadores subvencionados pola Consellería  de Traballo e Benestar social da Xunta de Galicia.