O goberno tripartito continúa aplicando as políticas do PP e aproba un orzamento coas mesmas medidas

 

  • Se o goberno tripartito pode hoxe falar dun orzamento é grazas a que o PP fixo o Plan de Saneamento 2014-16 e puxo en marcha as súas medidas, sempre co voto en contra do BNG e do PSOE.

 

O goberno demostrou co presuposto que presentou ao Pleno que non mudou nada dende que gobernan a pesares de levar anos criticando as políticas do goberno anterior, e de momento están aplicando as medidas aprobadas polo PP na anterior lexislatura, e iso que puideron cambialas nos 11 meses que levan gobernando, co cal demostran que estas non eran tan malas.

Se non existe orzamento dende o ano 2010, é porque a Lei non lle permitía ao Concello de Ponteareas aprobar un sen antes facer un Plan de Saneamento financeiro que lle dera cobertura ao remanente negativo de tesourería. Nesta tarefa é na que o goberno do PP centrou todo o seu traballo e esforzos durante os últimos anos, sen contar en ningún caso cos membros do BNG nen cos do PSOE, que sempre votaron en contra.

Dende o PP non entendemos onde están os cambios con respecto ao orzamento prorrogado, pois en asuntos como o custe de persoal van a gastar 5,54 millóns de euros, o maior gasto dos últimos anos, e iso que sempre falaron de que os gastos de persoal “hipotecaron” ao Concello durante anos e agora son eles mesmos os que aumentan os custes mais que nunca e xeneran mais discriminacións salariais entre os traballadores.

Este incremento do capítulo de persoal ven dado polos novos pluses, diferencias de convenio, etc, incluidos a determinados traballadores, e polo custe da praza de Inspector de Policía, non necesaria e que vai supor preto de 50.000 euros mais ao ano, ou as maiores retribucións que lle poñen a praza de Técnico de Intervención que incrementa en 16.000 euros o ano.

Con respecto as medidas que inclúen, por exemplo no ámbito social, parece que o aumento en 30.000 euros as axudas de emerxencia social xa solucionan o problema en Ponteareas, ou no ámbito do emprego, que din preocuparse tanto, e en cambio non destinan nen un euro a complementar os salarios dos traballadores que veñen subvencionados da Deputación e que antes eles mesmos criticaban e catalogaban de “soldos miserables”.

A gran sorpresa para os populares foi a postura adoptada polo concelleiro de IU, que non votou en contra duns orzamentos que van en sentido contrario a todo o que él defende, como as políticas de amortización de prazas de funcionarios, a maior discriminación salarial, e outras moitas partidas que ven solicitando ao longo dos meses para que se lle recollan nos orzamentos e agora non están, xustificando o seu voto exclusivamente en que estes orzamentos son mellores que os que anteriores.

Os orzamentos que aprobou o goberno ainda que din que contan cuns ingresos de 13,7 millóns de euros, isto non é certo pois desa cantidade 1,2 millóns son saldos erróneos que existen na contabilidade e que debían ser corrixidos dacordo co Plan de Saneamento feito polo Goberno anterior. Do mesmo xeito pasa cos gastos, sendo en ambos casos a partida coa  que realmente vai contar o Goberno para este ano 2016 de 12,5 millóns de euros, lonxe dos 14 millóns dos que sempre falaron.

O PP votou en contra destes orzamentos porque non contan cos informes favorables nen do Interventor municipal nen da Secretaria, porque non cumpren co Plan de Saneamento 2014-2016, porque presenta subidas salariais por enriba do que marca a Lei de Orzamentos xerais do Estado para este ano, porque se fixan salarios como o do Técnico de Intervencion e o do Inspector de Policia sen estar debidamente motivados e xustificados, porque levan a productividade incluida de xeito periódico cando esta debe pagarse exclusivamente por traballos especiais e de maior rendemento e en definitiva porque crean mais discriminacións salariais entre os traballadores.

Tamén é a destacar que un goberno que se caracteriza por ser de “consenso”, “aberto a escoitar todo tipo de propostas” non tivera  en conta nin unha sola das iniciativas plantexadas polos concelleiros populares.