Sesion Plenaria

O proxecto de orzamento 2016 non cumpre co Plan de Saneamento e non conta con todos os informes técnicos

 

  • O PP pedirá a retirada do Pleno do punto relativo ao Orzamento 2016 por estar incompleto o expediente e senon votará en contra.

 

O martes pasado celebrouse a Comisión Informativa de Pleno na que o Goberno municipal incluiu a aprobación dos Orzamentos para o ano 2016, a pesares de que na segunda reunión celebrada fai mais dun mes quedara en convocar aos grupos da Corporación para aclarar o contido do documento e resolver aquelas cuestións que a oposición lles plantexou.

Despois da Comisión informativa, na que non estaba o Concelleiro de Facenda nen o Interventor, o Alcalde unha vez mais non supo resolverlle aos concelleiros que alí estábamos as dúbidas do documento, e a conclusión que saca o grupo popular é que o documento que presenta o Goberno está incompleto, fáltanlle informes técnicos como o da Secretaria municipal, contén multitude de erros e non cumpre co Plan de Saneamento Financeiro 2014-2016 que o Concello ten aprobado dende o ano 2013 pola maioría da Corporación municipal.

Durante a lexislatura pasada, foi imposible aprobar un Orzamento porque a Lei impedíalle ao Concello de Ponteareas a elaboración dese documento sen antes ter un Plan de Saneamento que lle dera cobertura ao Remanente Negativo de Tesourería. E foi nesta tarefa na que o Goberno do PP centrou todo o seu traballo e esforzos durante os últimos anos, sen contar en ningún caso cos membros do BNG nen cos do PSOE, que sempre votaron en contra de todas esas medidas, e que agora non só lles permiten poder falar da elaboración dun orzamento, senon que co tempo demostrouse que esas medidas implantadas polo PP non eran tan malas pois eles mesmos agora continúan utilizándoas e non cambiaron nada.

Os concelleiros do PP fixemos multitude de propostas nas 2 reunións ás que fomos convocados, pero comprobamos que nada do que se plantexou foi incluido no documento.

Este grupo solicitoulle ao Alcalde na Comisión Informativa que se incorporase ao expediente un Informe da Secretaria e outro da Tesoureira municipais, e como nos dixo que non eran necesarios, o pasado venres os concelleiros do grupo popular que representan un tercio da Corporación, solicitáronllo directamente por escrito a ambas técnicos.

Por todos estos motivos o PP vai pedir a retirada do Pleno do punto relativo ao Orzamento 2016, co fin de que se incorporen ao documento os informes que faltan e se corrixan os erros detectados.