1b6069f7031f5df88e14909413a02435 XL

O PP propón que o novo orzamento duplique o gasto para axudas sociais

-No ámbito social, a proposta do PP é que o gasto para a Emerxencia Social, o Banco de Alimentos e os Comedores Escolares, se incremente ata os 170.000 euros.

-Proponse ao Goberno municipal aumentar as subvencións aos Centros culturais e aos Clubes Deportivos ata dotalos cunha partida de 75.000 euros para cada un.

 

O Goberno municipal convocou finalmente a primeira reunión, para falar do Presuposto deste ano 2016, cos portavoces de todos os grupos políticos da Corporación e á que tamén asistiu o Interventor municipal, tal e como viña demandando o Partido Popular.

Nesta reunión a portavoz do PP, Belén Villar, pediu aclaracións xerais do borrador que nos foi entregado, tanto na partida dos ingresos como na dos gastos que se reflexan no documento, e das explicacións que o Concelleiro de Facenda nos deu queda claro que hai moitas partidas económicas que non aparecen recollidas e que deberían estar, e outras que están pendientes nos aclare en próximas reunións.

Entre as cuestións que o Goberno debe aclarar do borrador de Presuposto está a partida de Gastos en Persoal, a cal o Concelleiro de Facenda o Sr Floreal, non puido explicar na reunión porque dixo descoñecer os datos puntuais, e así non supo aclararnos si se vai a incrementar o coste de persoal e si hai modificacións económicas en algunha praza do persoal municipal. Non quedou claro tampouco si se cumpre coa Regra de Gasto e coas limitacións que se fixan na Lei de Estabilidade Presupostaria.

Pola súa banda, a portavoz do PP aproveitou esta primeira reunión para deixar constancia das propostas que este grupo quere que se incluan no documento, e que xa foron recollidas nunha Moción presentada ao Pleno municipal no mes de febreiro, ás cales o Sr Alcalde non quixo ter en consideración naquel momento, alegando que sería co presuposto cando podrían ser tratadas.

Foi nesta primeira reunión cando a concelleira Belén Villar pediu que se incluisen as partidas que xa foran solicitadas, e así platexou que se incremente o importe que o Concello destina para atender ás familias mais desfavorecidas que residen no noso municipio, ata un total de 170.000 euros, dos cales 25.000 euros serían para Comedores Escolares, outros 25.000 euros para o Banco de Alimentos e 120.000 euros serían para Emerxencia Social en xeral, co fin de atender recibos de luz, de calefacción, de alquiler de vivendas, gastos de material escolar e incluso que se reintegre o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) por vivenda habitual, todo isto para aquelas familias que o necesiten por precariedade ou vulnerabilidade económica.

Outra das partidas que o PP propón e que xa incluía na moción levada ao Pleno é a destiñada a subvencionar os gastos correntes dos Centros Culturais das nosas parroquias, para a cal propomos que se dote dun importe de 75.000 euros ao ano, co fin de lograr que a actividade en cada un deses centros se manteña e incluso se incremente.

E finalmente, tamén dentro das propostas a incluir no Presuposto, a concelleira do PP solicitou que este ano a partida adicada a subvencionar aos Clubes Deportivos se mellore ata os 75.000 euros.

Todas estas propostas o PP entende que se poden asumir dentro do presuposto para este ano, pois non supoñen mais que 135.000 euros de incremento con respecto ao ano pasado, e o que debe facer o Goberno e deixar de gastar en cuestións que non son necesarias e dentro das posibilidades do noso Concello priorizar os gastos.