Q55A0099

O descontrol económico do Goberno lévaos a gastar 1,55 millóns de euros mais do permitido durante o ano 2015

 

-As políticas aplicadas provocan que por primeira vez este Concello dende o ano 2012 incumpra coa Regra de Gasto que ven fixada na Lei de Estabilidade Presupostaria.

-As xestións que está a facer este Goberno tripartito non son as mellores para continuar co saneamento deste Concello iniciado na anterior lexislatura polo Partido Popular.

Os últimos datos enviados ao Ministerio por parte do Interventor municipal poñen de manifesto que o Goberno BNG-PSOE-ART pecharon o ano 2015 gastando 1,55 millóns de euros mais do que lles estaba permitido.

Os concelleiros do PP levan meses sostendo que este Goberno está a gastar sen control, afirma Solla, e así vimos denunciando dende o primeiro momento, que non existen prioridades no gasto, e que non ían cumprir co Plan de Saneamento Financeiro.

Dous meses despois de finalizar o ano 2015, os primeiros datos que se nos facilitan do mesmo veñen a indicarnos que o Concelleiro de Facenda autorizou e permitiu gastar nos últimos seis meses do ano pasado mais de 7,5 millóns de euros, fronte aos 5 millóns gastados nos primeiros seis meses polo Goberno do Partido Popular.

Con este dato que nos facilita o Interventor municipal e do que o Sr Alcalde deu conta no Pleno pasado, ponse de manifesto que a dinámica de reducción das débedas implantada polo Partido Popular na anterior lexislatura cambia radicalmente e con este novo Goberno BNG-PSOE-ART gástase mais do que o Concello pode asumir, co cal en vez de reducir as débedas, auméntanas.

Por primeira vez dende o ano 2012 data na que entrou en vigor a Lei de Estabilidade Presupostaria, este Concello incumpre coa Regra de Gasto e por conseguinte incumpre coa Lei en mais de 1,5 millón de euros.

Os concelleiros do PP van esixir ao Goberno que se reconduza ese desequilibrio para o cal tal e como fixa a propia Lei, esixirémoslle ao Concelleiro de Facenda que elabore un novo Plan que incluia medidas suficientes para compensar ese gasto que o Goberno realizou a maiores no ano pasado.