Salva Andres Berto Suso

O PP levará ao Pleno de abril un Regulamento de Acceso e Uso das Vivendas de Emerxencia Social do Concello de Ponteareas

 

O Partido Popular de Ponteareas presentou por Rexistro de Entrada do Concello unha Moción para o seu debate no próximo Pleno da corporación Municipal dun REGULAMENTO DE ACCESO E USO DAS VIVENDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE PONTEAREAS.

Os populares a comezos de 2014 elaboraran un borrador de Regulamento de acceso e uso das vivendas de emerxencia social do Concello de Ponteareas que fora entregado á Secretaria habilitada nacional para que o informase e supervisase.

Recordar que o Concello de Ponteareas conta xa con varias vivendas nas antigas casas dos mestres do CEIP Nosa Señora dos Remedios e na escola unitaria de San Mateo de Oliveira, e dada a imperiosa necesidade de vivendas para aquelas familias que por diversas circunstancias poidan necesitar ter acceso temporalmente a unha vivenda digna é polo que o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas propón ao Pleno da Corporación Municipal un modelo base de Regulamento para o seu debate co fin de coordinar de forma consensuada esta necesidade.

As estancias de emerxencia en aloxamentos alternativos, teñen como obxectivo, paliar dunha maneira urxente e temporal, a ausencia de aloxamento en que calquera persoa se poida encontrar -sen distinción pola súa problemática específica-, debido a unha circunstancia de conflito no seu entorno familiar ou social. Inclúe estancias de aloxamento de urxencia en recursos públicos.

O Partido Popular de Ponteareas, consciente da presenza no noso municipio de familias que ante situacións de conflito no seu entorno de convivencia ou outras problemáticas específicas carecen de aloxamento e de medios persoais e familiares para dispor de vivenda propia, propón que se poña a disposición unha serie de vivendas de emerxencia social como parte do dispositivo público municipal de aloxamento alternativo, que deben ser destinadas a aloxamento temporal de unidades familiares en situación de grave dificultade social e/ou risco de exclusión social, e das que, os Servizos Sociais Municipais, son fundamentalmente coñecedores e coas que se intervén en aras de mellorar as súas oportunidades de inclusión social.

En virtude do exposto, o Concello dispón dunha vivenda do mestre na escola unitaria de San Mateo, tamén ao seren desafectadas as vivendas dos mestres do Colexio Nosa Señora dos Remedios, o Concello debería destinar varias das vivendas a vivendas de emerxencia social, un recurso social municipal de aloxamento alternativo e temporal, onde a súa necesidade se constata no ámbito dos Servizos Sociais Municipais, procede regular desde este marco, o procedemento de adxudicación e utilización, ao obxecto de garantir o acceso ás mesmas polas unidades familiares máis necesitadas, favorecendo procesos de inclusión social, así como promover a súa máxima rendibilidade social, dotándoas dun carácter temporal que permita a súa rotación.

Nesta proposta de Rgulamento, inclúense os apartados precisos para determinar e formalizar convenientemente este recurso municipal: Requisitos de acceso, Procedemento de adxudicación, Da incorporación e a estancia, Dereitos e deberes das persoas beneficiarias, Da finalización da estancia, entre outros.