O Alcalde négase a convocar a Comisión Informativa de Facenda solicitada polo PP para clarexar a «famosa herdanza de 1,5 millóns de euros»

Os concelleiros do PP de Ponteareas, ante a imposibilidade de acceder á información dentro do Concello e ante as constantes acusacións dun Goberno que se escuda constantemente na oposición para esconder a súa incapacidade e falta de xestión, non tiveron máis remedio que solicitar a convocatoria dunha Comisión Informativa de Contas e Facenda na que se pretende clarexar cal é esa “famosa herdanza de 1,5 millóns de euros” que segundo o Goberno se atoparon “escondida nos caixóns” cando chegaron á alcaldía e en qué situación se atopa na actualidade.

A sorpresa deste grupo político prodúcese cando sae o Alcalde nos medios de comunicación afirmando que non ten ningún problema en explicar e mostrar os documentos que demostran esa débeda, o cal é totalmente “irrisorio” e “falso”, tendo en conta que xa nos chegou un escrito firmado polo mesmo Sr Represas, onde se nos nega a convocatoria de dita Comisión Informativa xustificándose en que “o escrito non reúne os requisitos legais para solicitar a convocatoria dunha comisión Informativa

Isto é unha mostra máis da transparencia que pregoa o noso Goberno, que neste asunto xa nos impediu coñecer a documentación que acredita tales afirmacións, como agora que o grupo popular solicita unha Comisión Informativa e novamente se nos volve a denegar, sostendo que “a solicitude non cumpre coa legalidade”, cando a realidade é que se o Sr. Alcalde “non tivese inconvinte en mostrar os documentos”, como pregoa, e fose tan “transparente” como afirma, non poría reparo algún a esta petición do grupo popular.

O portavoz do PP neste caso, volveu a solicitar que se dea conta dos asuntos e para elo vén de solicitar unha Comparecencia do Alcalde ou do Concelleiro de Facenda, que esperamos que o Sr. Alcalde “teña a ben” incluíla na orde do día do próximo Pleno Ordinario, e na mesma liña, Solla vén tamén de presentar escrito no Rexistro do Concello, solicitando copia dos documentos que se lle pedían  para que fosen aportados na Comisión Informativa.