A falta de transparencia e as constantes mentiras do Goberno pontareano obriga as concelleiros do PP a pedir unha Comisión Informativa para clarexar a «famosa herdanza dos 1,5 mill de euros»

 

Ante a imposibilidade dos Concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de acceder á información dentro do Concello pola negativa do Sr Alcalde a facilitar a mesma, obriga a estes concelleiros a buscar alternativas para obter os datos que como grupo da Corporación teñen dereito a coñecer.

Deste xeito, o portavoz popular, Salvador González Solla, ven de presentar nestes días polo Rexistro municipal do Concello a solicitude dunha convocatoria para una Comisión Informativa de Contas e Facenda na que se pedirá explicacións ao Alcalde e ao Concelleiro de Facenda de diversas cuestión económicas.

As cuestións que neste momento o Partido Popular quere coñecer en que situación se encontran teñen que ver cos 1,5 millóns de euros de obrigas que o Sr Alcalde pregoa que estaban “escondidos” nos caixóns e que proveñen da lexislatura pasada.

Como estamos ante un Goberno que vive constantemente na mentira e falsedade, a este grupo popular non lle queda mais remedio que pedir explicacións de todas e cada una das obrigas que neste caso o Goberno inclue dentro da herdanza que lle deixou o pasado executivo, segundo eles, coa Confederación Hidrográfica, co Consorcio polo Centro de Día, co Estado pola Liquidación negativa do PIE do exercizo 2013, a obriga pola construcción da ETAP, ou a “famosa” Estación de Autobuses.

Ningunha destas obrigas que menciona o Sr Alcalde estaban “escondidas”, mantén o portavoz popular, en primeiro lugar porque moitas delas non habían sido reclamadas a este Concello e en segundo lugar porque si algún destes expedientes había sido reclamado quedou en proceso de trámite, ben por estar en mans da asesoría xurídica, é o caso das sancións coa Confederación, ou ben por estar aprazado o seu pago como é o caso da construcción da ETAP.

Por tanto, afirma Solla, “estes concelleiros non vamos a consentir que o Goberno, que a día de hoxe non fixo nada por mellorar económicamente o Concello, desacrediten a xestión económica feita polo goberno anterior, e grazas a cal, a día de hoxe este Concello pode seguir pagando as nóminas, ás empresas e reducindo a débeda co Estado”.