O PP denuncia as prácticas pouco transparentes e democráticas do Goberno local

 

O Partido Popular de Ponteareas cualifica a aptitude do goberno local respecto á convocatoria do pleno extraordinario urxente do día 2 de marzo de pouco ou nada transparente e nada participativo.

O pasado 2 de marzo o Alcalde de Ponteareas convocou de urxencia un pleno extraordinario, con tan só 48 horas de antelación para que os grupos da oposición puideran estudar todos os proxectos de obras que o goberno ía presentar e aprobar ao Plan de Obras 2016  da Deputación Provincial.

Unha vez máis, con esta forma de actuar, queda patente a total improvisación deste goberno, convocando un Pleno onde unha parte importante dos proxectos non foron informados nin presentados previa comisión informativa, a pesar de que este goberno por primeira vez na convocatoria da Deputación tivo un prazo de tres meses para a súa presentación e aprobación (publicado no BOP do 2/12/2015, tendo de prazo ata 02/03/2016).

Para o Partido Popular, a nefasta xestión que está a levar o Sr. Represas e o seu goberno denotan unha nula planificación dos asuntos de vital importancia para os ponteareáns, dando a sensación que van a salto de mata, preocupándose máis do reparto dos cartos destinados a obras entre as distintas forzas políticas que conforman o goberno local que da xestión das prioridades e planificación dos intereses xerais das veciños e veciñas de Ponteareas.

Ademais, é curioso que a maior parte dos proxectos estean  asinados o 26 de febreiro, practicamente o último día de remate do prazo, cando tiveron tres meses para preparalos e consensualos cos colectivos veciñais e coa propia oposición.

Ante esta situación de ocultismo, o Partido Popular o día 11 de xaneiro presentou por Rexistro de Entrada no Concello unha Moción para o seu debate no pleno ordinario de febreiro, na que se instaba a goberno local a incluir no devandito Plan de Obras da Deputación unha serie de obras prioritarias para as necesidades dos nosos veciños.

Moción que non foi incluíu no pleno ordinario de febreiro, o que obrigou ao PP a solicitar, por Rexistro de Entrada, o 19 de febreiro, a solicitude dunha convocatoria dun Pleno Extraordinario para tratar, entre outras, esta moción.

Segundo o portavoz dos populares, o Sr. Alcalde demostra a súa pouca responsabilidade institucional convocando dous plenos extraordinarios única e exclusivamente para boicotear e torpedear as iniciativas do Partido Popular, negando a participación da corporación, da que tanto presume este goberno.

Por esta razón os populares acusan ao alcalde e aos seus socios de goberno de empregar nos seus discursos palabras como a transparencia, a participación, o consenso, e o certo é que a data de hoxe, nada de nada, moito predicar coa palabra e pouco co exemplo.