Reunion Centros Culturales Feb2016

Reunímonos coas Directivas das Casas Culturais para trasladarlles as iniciativas que presentaremos ao Pleno

Os concelleiros do Partido Popular de Ponteareas reuníronse esta semana na sede do partido coas Directivas das Casas Culturais e das Bandas de Música de Ponteareas co fin de trasladarlles cal é a nova situación que se presenta para este ano no relativo as axudas que estes colectivos percibían tanto da Deputación como do propio Concello, e informarlles das iniciativas que neste sentido este grupo presentará ao Pleno extraordinario que se celebrará o próximo día 7 de marzo.

Explicóuselles que no caso da Deputación, esta deixa de tramitar os Plans de Axudas que todos coñecíamos, e toda a súa inversión trasládalla aos Concellos para que estes decidan e prioricen os investimentos, co cal dende a Deputación elimínanse todas as axudas as Escolas de música, as axudas para Instrumentos e Vestuario, as axudas para Obras e Infraestructuras, e tamén elimínase o Plan de Acción Comunitaria do que se beneficiaban moitas Asociacións de Veciños.

Dende a Deputación o único que continuarán realizando son as Accións Formativas, que antes chamábanselles Plans “Pensa en Ti” e “Ti tamén contas” aos que se destinaban cada ano 530.000 euros, e agora chámanse “Conectadas 2016” e  destínanselle 321.000 euros, é dicir 210.000 euros menos.

Con todo este cambio, a Deputación a partir de agora, salvo nas accións formativas, non se fai cargo de distribuir axudas/subvencións e trasládalles aos Concellos esa potestade, facéndolles o traspaso dos cartos para que sexan eles os que decidan onde os gastan, si en obras, si en cursos de formación, si en escolas de música, etc.

E no caso dos Concellos, estes terán que asumir a xestión dos cartos e decidir a onde os van destinar, sen que exista unha garantía para os diferentes colectivos, asociacións culturais, veciñais, musicais, etc, de si vai haber unha liña de subvencións na que eles poidan  incluirse e conseguir unha axuda económica.

Na reunión, os concelleiros do PP explicáronlles aos colectivos dos centros Culturais esta nova forma de tramitar as axudas, e trasladáronlles a preocupación deste grupo porque todos os colectivos continúen beneficiándose cando menos das mesmas cuantías de axudas que ata agora.

Do mesmo xeito, explicáronlles aos alí presentes, que ainda que saiu nos medios de comunicación que ao Concello de Ponteareas corresponderalle este ano un 13% mais de cartos provintes da Deputación, e falan de 1,1 millóns de euros, a realidade é que este importe é bastante menor que o destinado pola Deputación en anos anteriores ao noso concello, que rondaba os 1,68 millóns de euros.

O PP explicou a todos os alí presentes que xa tomou a iniciativa para esixir ao Goberno que priorice os cartos que reciba e que os distribuia de tal xeito que se continúe con aquelas obras prioritarias para o noso pobo e que xa foron iniciadas na anterior lexislatura co goberno popular, como poden ser novos tramos do saneamento en Bugarín, en Prado, etc, ou rematar as Casas Culturais que faltan, como son a de Ribadetea, Arnoso, Couso, Padróns, Pías, etc, sen esquecer destinar unha parte á educación, como pode ser a mellora dos colexios no rural.

Tamén como iniciativa presentada polo PP ao Goberno queremos que este estableza diferentes liñas de axudas cunha partida económica ben diferenciada para que os diferentes colectivos, asociacións culturais, asociacións deportivas, asociacións de veciños, bandas de musica, etc, sepan que ainda que agora non poden acudir a Deputación, sí poderán facelo ao Concello e as axudas non se lles van a ver reducidas.

Por outra banda, este grupo tamén lle esixe ao goberno actual que tal e como xa viña facendo o goberno anterior se destinen fondos municipais a subvencionar os gastos correntes dos Centros Culturais e dos Clubs Deportivos, propondo incrementar a partida económica tanto aos Clubs Deportivos como aos Centros Culturais ata 75.000 euros para cada un.

En definitiva, queremos que as asociacións, clubs e casas culturais dispoñan, cando menos, do mesmo ritmo de inversión e axudas implantado polo goberno do PP nestes últimos anos, explicou Salvador González Solla.