Descúbrese a mentira do Goberno en relación o custe da Estación de Autobuses

-O informe do Interventor municipal indica que o custe do servizo da Estación de Autobuses dende agosto do ano 2011 ata decembro do ano 2014 é de 57.262 € en total, lonxe dos 200.000€ que afirmaba o Goberno.

 

Despois de haber soportado durante meses as críticas e incluso os insultos recibidos por parte do Sr Alcalde e da Concelleira de Cultura e Portavoz do BNG, Hortensia Bautista, en relación o gasto da Estación de Autobuses, queremos que se aclare, afirma Solla, cal é a realidade e por fin o PP pode demostrar como unha vez mais o Goberno minte.

En novembro do ano pasado o portavoz popular, Salvador González Solla, pediu por escrito directamente ao Interventor municipal un informe acerca do déficit que tivo a Estación de Autobuses nos últimos 4 anos, ante a negativa do Sr Alcalde a aportar un informe que acreditase o que mantiña tanto él como a súa Concelleira de Cultura que acusou reiteradamente aos concelleiros do PP de mentir e de “non ter nin idea das cifras oficiais facilitadas polos servizos económicos do Concello”.

A día de hoxe, obra no noso poder informe do Interventor municipal que acredita o que o PP sostiña, é dicir, que nos últimos 4 anos o déficit da Estación de Autobuses non era mais de 57.000 €, cantidade ben lonxe da que o Goberno falaba de 200.000 € e que incluían dentro desa “herdanza” coa que se atoparon cando accederon ao Concello.

O PP lamenta que este Concello esté representado por persoas que non son serias, que minten e que constantemente caen no insulto hacia o resto dos membros da Corporación.