O PP denunciou ante a Xunta e ante o Valedor do Pobo a negativa do alcalde a debatir as iniciativas que o PP leva ao Pleno e que por Lei ten obriga de facelo

 

O Partido Popular de Ponteareas vén de denunciar o boicot que están a sufrir por parte do Alcalde, Xosé Represas, por non permitir que se debatan as mocións e comparecencias que presentan para Pleno da Corporación Municipal, baseándose en falsas escusas, pouco ou nada fundadas, e ao mesmo tempo, utilizando o seu autoritarismo e prepotencia coaccionando en todo momento a labor democrática de control e fiscalización que teñen os partidos políticos da oposición. E noutros casos, nos que sí leva os asuntos que o PP plantexa, faino como se fosen propostas do Goberno apropiándose das nosas mocións.

Xa fartos desta postura do Alcalde, no Pleno municipal celebrado o pasado día 16 de febreiro, o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas, Salvador González Solla, ao comezo da sesión plenaria manifestou o malestar xerado pola non inclusión en sucesivos Plenos de diversas mocións e comparecencias presentadas en tempo e forma no Rexistro de entrada municipal, que conteñen e tratan asuntos que consideramos imprescindible e prioritario o seu debate e votación por todos os concelleiros.

Ante esta reiterada negativa a non tratar as iniciativas que os concelleiros do PP presentan, e que son temas de vital importancia para as veciñas e veciños de Ponteareas, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas acaba de presentar unha queixa formal ante o Director Xeral de Administración Pública da Xunta de Galicia e outra ante o Valedor do Pobo, buscando o amparo e respaldo nas pretensións que entendemos que este grupo político ten dereito por Lei.

Os asuntos que o Alcalde se nega a debatir no Pleno municipal están relacionados con:

  • A inclusión dentro do Plan de Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra de diferentes obras que este grupo considera prioritarias para o Concello porque correspóndense con actuacións que os veciños desas zonas levan meses reclamando.
  • Outra das mocións que ten escondida o Sr Alcalde dende outubro do ano pasado é a que se corresponde á revisión de prezos do contrato de FCC, e que a súa negativa a tratala está provocando que o noso Concello esté pagando 126.000€ a mais do que debería, o cal para este grupo municipal non ten explicación.
  • Noutra orde de cuestións está o relativo o presuposto municipal, que ainda que este Goberno leva meses anunciando que está a preparar un, a realidade é que levamos dous meses co presuposto prorrogado de 2010, e as partidas económicas de Axunda de Emerxencia social ou as do Banco de Alimentos non contan con mais que 9.000 euros, cantidade totalmente insuficiente e que no pasado mes de febreiro xa estaba consumida. Polo tanto, para evitar que teñan que estar paralizadas estas axudas o PP propuxo como algo urxente que se leve a cabo unha modificación presupostaria para incrementar as partidas ata 145.000 euros e poder así seguir atendendo a todas as familias que non poden esperar a dentro de un ou dous meses a que o presuposto esté aprobado.
  • E xa finalmente, outro asunto que tamén entendemos que require debate e o posicionamento de todos os grupos é a inclusión de varios camiños municipais

A maiores da denuncia formulada, o PP viuse obrigado a solicitar a convocatoria dun Pleno Extraordinario da Corporación Municipal para tratar os temas de maior interese para as veciñas e veciños de Ponteareas, e que o Alcalde ten obrigación de convocar por ser solicitado polo grupo popular que é a forza política con mais representación e por ter esta un tercio da Corporación municipal-