PQ55A5845 (1)

Alfonso Rueda candidato a presidir o PP na provincia de Pontevedra, mantivo unha reunión cos alcaldes, afiliados e simpatizantes da comarca Condado e da Paradanta

 

O pasado sábado día 13  de febreiro, a sede comarcal do Partido Popular na comarca do Condado e da Paradanta de Ponteareas foi escenario da primeira reunión do vicepresidente da Xunta de Galicia e candidato á presidencia dos populares a nivel provincial, onde estivo arroupado por unha numerosa representación dos alcaldes, concelleiros, militantes e simpatizantes populares da comarca.

Durante o acto, Alfonso Rueda, comunicoulle aos presentes cal cre él que serían as liñas a seguir do Partido Popular na provincia de Pontevedra para os vindeiros anos, onde abogou por crear un partido máis forte e unido e que aglutine todas as sensibilidades.

Fixo especial énfase na tolerancia cero coa corrupción e tamén, imprescindible, a renovación de equipas de traballo naquelas localidades onde fora preciso, ao mesmo tempo, salientou o seu compromiso de volver a ilusionar a militantes e simpatizantes  e tamén, traballar arreo, para acadar unha maior empatía con determinados sectores da xuventude e, sobre todo, co uso das novas tecnoloxías como ferramenta para achegarse a eles.

Algúns afiliados demandáronlle un calendario de reunións periódicas para que a directiva do partido estea ao tanto do sentir dos militantes e da cidadanía.