Sesion Plenaria

O PP buscará o apoio de todos os grupos políticos para que se incremente ata 145.000 euros o que se destina a Emerxencia Social e o Banco de Alimentos

  • A iniciativa do PP é que neste mes de febreiro no Pleno municipal se trate o inicio dun expediente para modificar o presuposto e destinar fondos a mellorar a partida económica de Emerxencia Social e do Banco de Alimentos
  •  Os Concelleiros do PP plantexan 120.000 € para a Emerxencia Social e 25.000€ para o Banco de Alimentos.

 

O Goberno local leva meses anunciando a elaboración dun orzamento para o ano 2016, e falando do reparto entre as diferentes áreas ás que destinarán os fondos municipais.

Como norma xeral, este goberno fala máis do que realmente fai, e mes e medio despois de haber comezado un novo exercizo económico, este Concello segue sen un orzamento debido a incapacidade do concelleiro de Facenda para presentar ao menos un borrador e sentarse a falar co resto dos membros da Corporación Municipal, para poder recoller todas aquelas actuacións que son prioritarias para Ponteareas.

Neste sentido, iniciouse un novo ano co presuposto prorrogado do ano 2010, no que os gastos non se corresponden coa realidade actual e polo que hai determinadas partidas que deben ser modificadas porque as que están no orzamento prorrogado son insuficientes para poder atender determinadas cuestións de urxencia como é a emerxencia social.

O Partido Popular presentou unha moción para tratar no Pleno municipal que se celebrará a semana próxima, para que se inicie un expediente de modificación orzamentaria e se dote de créditos suficientes a área de Emerxencia Social que neste momento só conta con 9.000 €, totalmente insuficientes para atender a demanda existente no noso Concello.

O plantexamento que fan os membros do Partido Popular ó resto da Corporación municipal é que se incremente a partida económica da Emerxencia Social ata 120.000 € ó ano para atender a aquelas familias mais desfavorecidas e que teñen moitas dificultades para pagar a luz, a calefacción, o alquiler das súas vivendas, os gastos do material escolar dos seus fillos e incluso que se lles reintegre o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) por vivenda habitual, todo isto para aquelas familias que o necesiten por precariedade ou vulnerabilidade económica.

E por outra banda, tendo o noso Concello un Banco de Alimentos que reparte productos todas as semanas entre os mais desfavorecidos, creemos necesario que amais do que se consegue coas donacións o Concello debería dotar unha partida económica con fondos municipais cando menos de 25.000 €, para contribuir mais e mellor a demanda existente.

Todo isto é posible porque xa o foi tamén no ano 2015, onde había 60.000€ para emerxencia social aparte do destinado a comedores escolares e banco de alimentos. Polo tanto neste ano 2016 sí que é posible facer o mesmo esforzo que fixo o goberno anterior e incrementar este noutros 60.000 euros porque neste ano 2016 o Concello deixa de ter o gasto da Mancomunidade que ascendía a 68.000 euros o ano, porque esta foi liquidada nos últimos meses da lexislatura pasada polo goberno do partido popular.

Ambas cuestión, Emerxencia Social e Banco de Alimentos, son prioritarias para os nosos vecinos e non poden esperar a que o Goberno BNG-PSOE-ART teña un presuposto aprobado, que hai que dicir que a data de hoxe ainda non presentou nin sequera un borrador do mesmo, nin reuniu os grupos políticos para que fagan aportacións e tampouco se reuniu cos sindicatos, polo tanto creemos que isto vaise demorar varios meses.