O PP estará a favor dun presuposto que sexa real e que recolla aquelas cuestión prioritarias para Ponteareas

-O Concelleiro de Facenda e o Alcalde se queren contar cos grupos da oposición teñen que facernos partícipes na confección do presuposto dándonos a información e reuníndose con todos nos. Todo o demais son “discursos” que non levan a nada.

En relación as manifestacións feitas polo goberno municipal nos medios de comunicación, o portavoz do PP quere desmentir as afirmacións que fai o Sr Represas en relación a que este grupo non quere aprobar o presuposto.

En ningún caso o PP está a decir que non vaia apoiar o presuposto que elabore o goberno. O que está a criticar este grupo é que o alcalde e o seu concelleiro de facenda levan varios meses falando de que xa teñen o presuposto, e que en aras dunha transparencia total da súa xestión estanse a reunir cos veciños, coas asociacións e tamén cos restantes grupos políticos, cando iso non é certo, xa que ata o momento os concelleiros populares nin recibimos documentación algunha relativa o presuposto, nin tampoco nos chamaron a ningunha reunión para falar do asunto.

O goberno leva meses facendo múltiples “declaracións”, primeiro que tiñan un presuposto feito para gastar 14 millóns de euros, despois que ían gastar en persoal 5 millóns de euros, menos que nunca, cando no último exercicio xa foi esa mesma cantidade, despois que ían destiñar ó emprego 350.000 euros, tamén decían que lles sobraban 1,4 millóns de euros para novos gastos e inversións, e agora o último, segundo as manifestacións do concelleiro de facenda no día de onte, é que non poden facer o presuposto porque a Xunta reclámalles 276.ooo euros da ETAP, pero hoxe xa sae o alcalde sostendo que o presuposto xa o teñen elaborado, etc., etc. Nen eles mesmos se poñen dacordo nas declaracións que fan.

O que lles dí o portavoz do PP, Solla, é que se deixen de tanto anuncio e si realmente queren cumprir con esa transparencia que “pregonan” o que deben é reunirse cos grupos que están na oposición, PP, ACIP e IU, que somos os que temos maioría no Pleno e os que representamos a maioría dos veciños, e que nos entreguen un borrador de presuposto para que poidamos facer aportacións, se realmente queren gobernar para todos os veciños e queren cumprir co reglamento de Transparencia que se aprobou no Pleno.