FCC Basura

O PP acusa o Goberno municipal de esconder o expediente de revisión de presos de FCC e estar pagando 126.000€ a mais cada ano

  • O PP esíxelle ó Alcalde que urxentemente leve ó Pleno a proposta coa que se reduce o prezo que se paga pola recollida de lixo, expediente que conta con todos os informes favorables necesarios e que nada ten que ver coa aprobación dun presuposto.

Fai seis meses que o PP presentou moción para levar o Pleno municipal na que os membros da Corporación debían adoptar un acordo de revisión de prezos, fixada no contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, coa empresa concesionaria FCC, que permitiría abaratar o coste do servizo.

O alcalde que ten a potestade de levar ou non un asunto o Pleno para ser tratado e adoptar un acordo, leva meses “bloqueando” esta moción presentada polo PP e non incorporándoa na orde do día dos asuntos a tratar en cada Pleno, primeiro coa única desculpa da falta dun informe de intervención, que a día de hoxe non consta que llo pedira ó interventor municipal, e agora coa desculpa de que ten que ser aprobado co presuposto municipal, cando isto é totalmente falso, mais ben é todo o contrario, para poder incluir ese aforro no presuposto teñen que ter o acordo da revisión de prezos xa aprobada no Pleno.

A adopción deste acordo implica “executar” un acordo plenario adoptado en decembro de 2014, pola maioría da corporación, incluído o propio BNG, onde se aprobou aplicar a revisión de prezos o contrato da empresa concesionaria FCC, en base ó informe do Consello Consultivo de Galicia.

A este respecto, o grupo popular non entende a postura do actual goberno, que vota a favor dun trámite de acordo e agora retrasa a súa adopción, e máis cando o Concello está a pagar por un servizo 1.037.000 euros, cando o que debería pagar serían 911.000 euros, é dicir, estamos a pagar a máis un importe de 126.000€ ó ano, desembolsando da tesourería do Concello un diñeiro que non debería, co cal o Goberno local está malgastando os cartos de todos os veciños/as do noso municipio.

Esta moción que leva o PP implica que a maiores de deixar de pagar 126.000€ o ano, inclúe que unha vez adoptado o acordo a empresa concesionaria deberá devolver a este Concello uns 800.000 euros, cuestión que para o PP é vital e é na que debería estar traballando o concelleiro de facenda, o Sr Floreal, pois son cartos que se están deixando de ingresar nas arcas municipais, o que se traduciría en máis liquidez para poder atender o resto das obrigas.

Estes son realmente os motivos polos que o PP reclama a xestión deste expediente de maneira urxente e prioritaria, porque despois de 7 meses de goberno tripartito, un tema de tanta importancia sobre todo económica, segue sen resolverse e fai que os concelleiros do PP nos preguntemos porqué o Goberno local non impulsa este expediente que está listo para levar o Pleno, que non precisa ningún informe mais que cos que xa conta e que non depende para nada da aprobación dun presuposto municipal, será que o BNG e o PSOE teñen algo que esconder, será que adquiriron compromisos coa empresa concesionaria FCC cando no mes de xuño houbo unha folga dos traballadores da recollida do lixo que agora non poden cumprir?