Q55A0099

O Goberno local minte cando afirma que vai dispor de 14 millóns de euros para gastar no ano 2016

-Nen o Concelleiro de Facenda, nen o Alcalde, coñecen os datos económicos do Concello, e acaban de confirmárnoslo coa manifestacións que fixeron estes días en relación o presuposto municipal.

-Os gastos con fondos municipais que este Concello vai poder comprometer no presuposto do ano 2016, en ningún caso poden superar os 9,5 millóns de euros.

O PP critica as manifestacións feitas nestes días polo Alcalde cando se refire a elaboración do presuposto e sostén que terá un presuposto aprobado para o ano 2016.

Segundo o portavoz do PP, se o goberno quere ter un presuposto aprobado para xaneiro de 2016, e dicir, dentro de 20 días, debería haberse reunido con todos os grupos da oposición para presentar un borrador das diferentes partidas que vai incluir, en primer lugar, porque se queren cumprir co que “predican”, e dicir, consenso e transparencia, deberían darlle a posibilidade a todos os grupos da Corporación para que aporten ideas, e en segundo lugar, porque non debe esquecer o Sr Represas que son un goberno en  minoría e deben negociar cos grupos da oposición para poder aprobar no Pleno un presuposto muicipal.

Por outra banda, o Sr Represas fala dun presuposto de gastos que ascenderá a 14 millóns de euros, cando debería saber que en estos momentos ningunha administración local pode incrementar o gasto mais alá dunha % do gastado no ano anterior, para cumprir coa Lei de Estabilidade Presupostaria e que ese gasto para o ano 2016, no concello de Ponteareas, non vai poder superar os 9,5 millóns. Polo tanto, é imposible que o goberno esté traballando nun presuposto de gastos por 14 millóns de euros.

Toda a información que trasladan a cidadanía non é mais que fruto do descoñecemento dos datos económico-financeiros deste Concello, e o único obxetivo, unha vez mais, é confundir os veciños cos datos erróneos. O primeiro que deberían facer, en aras desa transparencia que pregonan, é colgar na páxina web as Contas  do ano 2014, que son as últimas aprobadas, e as tres liquidacións que están enviadas ó Ministerio durante este ano 2015, e así os vecinos podrían comprobar cales son os datos reais.

O PP sorpréndenlle os datos que dan relativos ó gasto de persoal, porque xa no ano 2014 non superaron os 4,8 millóns de euros, e parece ser que agora, están a traballar cun gasto para o ano 2016 de 5 millóns de euros, cantidade superior a do ano pasado, e a pesar disto, dín que van reducir o capítulo de persoal considerablemente.

Tamén afirman que van a destinar 2,35 millóns de euros para pago ó Estado pola “débeda histórica”, como si fose algo voluntario que poidan elexir entre devolvelo ou non. Recordalle o portavoz do PP o Sr Represas e o Concelleiro de Facenda, que esa cuantía é “obrigatoria” devolverlla ó Estado, xa que é o importe que destinou o Plan de Pago a Proveedores, e debe devolverse, tal e como fixo o goberno do PP durante o ano 2013, 2014 e parte do 2015.

Xa finalmente, fan referencia a unha partida de 1,4 millóns de euros que van destinar a investimentos novos, e neste caso Salvador Glez Solla, recórdalle o alcalde que non vai poder destinar eses cartos porque non os ten, e porque debe cumprir co Plan de Saneamento que está en vigor. O que debe facer é buscar eses fondos para investimentos en outras administración, como na Diputación de Pontevedra, tal e como o anterior Goberno do PP viña facendo, e mostra delo é que nos últimos 12 meses da pasada lexislatura grazas as xestións feitas obtivéronse para Ponteareas 3 millóns de euros que se investiron no noso municipio, mellorando rúas, alumeados, e continuando cos saneamentos nas parroquias, entre outras obras.

Solla, portavoz do grupo municipal do partido popular, pídelle a este Goberno, que deixen de mentir e tersiverxar os datos, e no relativo a elaboración dun presuposto deberían contar coas aportacións de todos os grupos políticos que forman a Corporación municipal, e que tampouco deben esquecer que este Concello ten un Plan de Saneamento econ-fin aprobado, que se debe cumprir, e que contén as directrices para a elaboración de calquer presuposto que se pretenda para o ano 2016, porque inclúe actuacións xerais que se deben levar a cabo.