Concello

O Sr. Represas renuncia ó servizo de orientación laboral para o Concello e perde una subvención de 40.000 euros

-Pese ó compromiso deste Goberno de utilizar todos os medios o seu alcance para fomentar o emprego no Concello, deixan ós veciños e veciñas sen o servizo de información, orientación e prospección de emprego que se viña prestando no CDL dende fai anos.

Dende o  Centro de Desenvolvemento Local (CDL) do Concello de Ponteareas, e baixo o goberno de partido popular, tramitouse neste ano 2015, unha subvención da  Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para contratar dous técnicos de orientación, prorrogando o contrato da técnico que xa estaba traballando no servizo e, asemade, para incorporar a un técnico máis.

Un total de 40.000 euros de subvención  que permitirían  mellorar notablemente o servizo de orientación laboral que o Concello de Ponteareas prestaba, para tentar aumentar a ocupación entre os veciños e as veciñas da vila.

A presenza destes dous profesionais permitiría que os usuarios do servizo tivesen a  información sobre o mercado de traballo e as medidas implementadas polos servizos públicos de emprego, recibindo diagnósticos individualizados dos seus perfiles e sendo postos en contacto con aquelas empresas que demandasen as súas aptitudes.

Tratábase  dunha medida máis das moitas que o goberno do partido popular puxo en marcha na anterior lexislatura para axudar á creación de postos de traballo no municipio.

Esta  nova incorporación que estaba prevista sumábase as medidas e ferramentas xa postas en marcha como o plan integral de emprego (que obtivo unha inserción laboral do 50%), o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial a emprendedores, a homologación de especialidades para cursos de formación profesional,  a implementación dun obradoiro de emprego con asignación económica para os participantes, así como a Axencia de Colocación, medidas moitas delas acadadas tamén por primeira vez baixo o goberno do Partido Popular.

Para o PP resulta sorprendente que o Sr Represas e o seu goberno, que levan meses falando da súa implicación total no fomento do emprego en Ponteareas, acaben de perder unha subvención por importe de 40.000€ por non continuar coa tramitación dun expediente, o que demostra, una vez mais, a incapacidade do Sr Represas para  tomar decisións dende o Goberno.

O que nos preguntamos nestes momentos é cómo pensa este alcalde e o seu goberno resolver as subvencións que se conceden anualmente ó Concello de Ponteareas, e que levan implícito a contratación de persoal, como é o caso da praza de “Técnico de emprego”, ou a praza de “Técnico de Drogodependencia”, ou outra praza que está nunha situación similar e que é a de “Normalización Lingüística”, entre outras.