Nueva Imagen

O partido popular denuncia os actos vandálicos que están a sufrir contra a súa sede comarcal en Ponteareas

Na mañá do pasado día 21, o Partido Popular de Ponteareas interpuxo denuncia ante as autoridades policiais sobre o último dos actos vandálicos que están a sufrir na súa sede comarcal, sita na rúa Trovador Xoán García de Guillade de Ponteareas.

Na noite do pasado día 20, persoa ou persoas sen identificar lanzaron, entre outros materiais, ovos crus contra a fachada e cristaleira da súa sede, manchando en varios puntos dita fachada, cristaleira e o propio beirarrúas.

Salvador González Solla, na súa calidade Presidente Comarcal do Partido Popular, manifesta que “nestes últimos tempos estamos a sufrir diversos actos vandálicos contra a nosa sede local, non hai moito tempo rompéronos a cristaleira, noutra ocasión guindaron pintura e, nun acto anterior, varias pintadas ofensivas enchían a fachada do baixo”.

O Presidente Comarcal do Partido Popular, Salvador González Solla, quere manifestar a súa rotunda repulsa por estes actos vandálicos, e recórdalle á cidadanía que desde o Partido Popular respectan a pluralidade política e ideolóxica que toda democracia atesoura, tendo como única arma de discusión os foros representativos e condena estas actuacións.

Para rematar, desde o Partido Popular queren deixar claro que estiveron e están sempre abertos a escoitar ou a discutir, cun diálogo sincero e cabal, sobre aquelas cuestións relativas a unha sociedade madura que debe compartir e convivir en democracia, onde prime o respecto máis absoluto á/ao outra/o.