CASTRO TROÑA

O Partido Popular denuncia o estado de abandono que presenta o Castro de Troña e o castelo do Sobroso.

O Partido Popular de Ponteareas denuncia o estado lamentable e de abandono total que presentan dous dos elementos máis salientables do noso patrimonio: Castro de Troña e o Castelo de Sobroso, xa que durante atempada estival non se desbrozaron nin unha soa vez, presentando durante todo o verán un absoluto e lamentable estado de abandono.

Recordan desde o Partido Popular que durante as lexislaturas pasadas estes enclaves históricos, referentes turísticos do noso concello e de Galicia, limpábanse a lo menos dúas veces durante a tempada estival. Durante o ano 2015 o goberno do PP de Ponteareas mellorou a plataforma de acceso ao Castro de Troña para facilitar a subida dos autobuses, cun novo asfaltado e pintado, tamén se asfaltaron a estrada de acceso ao barrio da Ermida, ao castelo de Sobroso e os viais interiores de acceso aos autobuses.

Recórdanlle ao Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente que a falta de limpeza e desbroce, coa conseguinte proliferación das árbores invasoras, deterioran gravemente as construcións amosando arestora un estado lamentable e vergonzoso non só para os visitantes senón tamén para todos os ponteareáns que contemplan cos seus propios ollos a triste realidade na que se converteron os nosos recursos turísticos.

Parece mentira que o Alcalde, Xosé Represas e a concelleira de Cultura Hortensia Bautista non teñan vergoña nesta manifesta deixación de funcións e abandono do enclave arqueolóxico máis sobranceiro do concello de Ponteareas, esta deber ser a maneira que entende a concelleira de Cultura Hortensia Bautista de “coidar e valorizar o noso acervo cultural”.

Recórdanlle desde o PP que ao remate da pasada lexislatura quedaron 45 traballadores contratados para atender ao medio rural e aos enclaves históricos, esta foi unha cifra record de contratación.

Desde o Partido Popular non dan crédito de a que destinaron o persoal contratado, xa que non se limparon nin as pistas do rural, proba diso é a gran cantidade de reclamacións feitas polos veciños e veciñas para que se atendera ás súas reclamacións; Tampouco se limparon torreiros para as festas patronais das nosas parroquias; todo isto ben a demostrar a total descoordinación destes empregados por parte do Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, da concelleira de Cultura e do concelleiro de Medio Rural.