O Goberno do Sr Represas está deixando de ingresar mais de 800.000 euros por non continuar co expediente contra FCC iniciado polo goberno do PP

O grupo municipal do Partido Popular ven de presentar unha Moción para o Pleno do mes de outubro no que lle esixe o goberno local que tramite o expediente de revisión de prezos do Contrato de recollida do lixo e limpeza viaria e que supón reclamarlle mais de 800.000 euros a empresa concesionaria.

Entre as diferentes medidas aplicadas polo anterior goberno do PP para conseguir o saneamento do Concello estaba lograr unha reducción de mais de 200.000 euros no canon que se lle paga a FCC pola recollida do lixo no noso municipio. Para elo, o goberno do PP levou ó pleno municipal do pasado 30 de decembro unha proposta que foi aprobada pola maioría dos membros da Corporación municipal, para facer a revisión de prezos do contrato dacordo co informe do Consello Consultivo de Galicia e cos informes favorables da secretaria municipal e do asesor xurídico do Concello.

Na pasada lexislatura iniciáronse os traballos para executar o acordo plenario, pois eran precisos novos informes técnicos de cálculo do IPC para aplicarlle ó contrato e lograr así obter a revisión de prezos anual axustada a nova interpretación da fórmula de revisión de prezos que figura no contrato.

Segundo manifesta o PP, os expedientes en trámite e que non estaban concluidos quedaron en mans da Secretaria municipal, co fin de que o goberno entrante continuase coa súa xestión.

A vista de que pasaron mais de tres meses e este expediente está sen tramitar, o PP considera de máxima urxencia que se adopte o acordo correspondente no pleno municipal, mediante o cal o Concello recuperará mais de 800.000 euros, polos Canon pagados a FCC, e que non se podían reclamar nen cambiar ata ter o informe do Consello Consultivo de Galicia.

Por todo isto, o goberno actual está deixando de ingresar nas arcas municipais 800.000 euros, cousa que favorecería ter mais liquidez e poder pagarlles en mellor prazo ó resto das empresas proveedoras do Concello, co cal denota unha vez mais que non ten claro cales son as prioridades do concello e perde o tempo en cuestións de menor trascendencia.

O que lle parece increible os membros do partido popular, é que un goberno que ven de facer un balance da súa xestión dos primeiros meses, no que acusa o goberno sainte de haberlles deixado 1,5 millóns de euros según eles ocultos, cousa que é totalmente falsa, teña un tema tan importante e de tanta relevancia sen tramitar, e esté pagando pola recollida do lixo e limpeza viaria 1.037.000 euros cando debería pagar 911.000 euros, e dicir paga a mais 126.000 euros o ano.

Esta é a xestión dun goberno que xa nos deixou claro que non está o que debe, e prefire malgastar o seu tempo en “orquestar” coas súas artimañas e informacións manipuladas e falsas, situacións ben diferentes a realidade do Concello.