PORTAVOZ PP

O goberno local quere apropiarse dos proxectos tramitados polo anterior goberno do PP e do seu financiamento

Para o PP de Ponteareas, as últimas manifestacións realizadas polo Sr. Represas nos medios de comunicación, sobre a reforma da planta baixa do Concello, cun importe de 111.000 euros, na que se creará unha oficina de atención ao cidadán, enmarcada no obxectivo de modernizar a administración municipal de Ponteareas, obedece a un claro exemplo de utilización allea e copia da información que obra no proxecto de “Remodelación Integral da Casa Consistorial de Ponteareas”.

Despois de todas as obras levadas a cabo na Casa Consistorial: na segunda planta, na primeira, na planta baixa, nas escaleiras centrais interiores, así como a limpeza exterior do edificio e remodelación dos xardíns exteriores, tan só restaba rematar a ala dereita da planta baixa, onde actualmente está situado o Rexistro Municipal e na cal xa se levaran a cabo obras de picado, limpeza e encintado dos paramentos interiores de pedra, demolición de tabiques e restauración de ventás.

Nesta ala dereita, xa no proxecto inicial, así como nos borradores posteriores encargados polo goberno anterior, a arquitecta redactora tamén deste último proxecto aprobado, xa se contemplaba a instalación dunha oficina de información e de atención ao cidadán, así como as novas instalacións do Rexistro Municipal e unha sala múltiple aberta, semellante á área esquerda de Intervención recentemente rehabilitada, na que instalarían distintos servizos.

Ademais, hai que sinalar que o financiamento de máis de 111.000 euros para esta obra, procede do cambio de aplicación do investimento da obra de Humanización da Rúa Paseo Matutino, por importe de preto dos 200.000 euros, que fora solicitada á Deputación de Pontevedra dentro do PUSIM 2015 e aprobada no seu día polo anterior goberno.

Do mesmo xeito, o importe restante para financiamento desta rúa destinarase a outros proxectos como a construción dun muro de contención en Cillarga (Ribadetea) e para financiar o 30% da obra mellora do Mercado Municipal e o 40% do proxecto de sinalización de igrexas e recursos turísticos. Proxectos todos eles, tamén redactados e tramitados polo goberno anterior do PP e que contan ademais, con subvencións da Xunta de Galicia de importe de 112.000 euros para o mercado e de preto de 24.000 para o proxecto de sinalización.

Para o PP resulta chamativo que o goberno local xustificase o cambio de aplicación do proxecto de humanización da rúa Paseo Matutino en base ao informe da Arquitecta Municipal, cando agora acaba de aprobar é cambiar parte do investimento desta rúa para o proxecto de “Acondicionamento oficinas do concello, planta baixa” que tamén segundo o PP curiosamente o informe da Arquitecta Municipal indica a falta da autorización previa da Dirección Xeral de Patrimonio.

Polo tanto, para o PP aínda que o goberno non continuo coa tramitación da humanización do Paseo Matutino polas razón que sexan, os proxectos polos que decidiron cambiar esta obra, son tamén proxectos redactados e tramitados polo goberno do PP e na que algúns deles contan con financiamento da Xunta de Galicia tramitados tamén na lexislatura pasada.

O que demostra que ata esta data o goberno municipal o único que leva feito é continuar cos proxectos xa iniciados e tramitados polo anterior goberno, e como de todos é sabido contaban coa financiamento necesaria para súa execución.