O PP reitéralle ao goberno local que aprobe provisionalmente o PXOM sen máis demora

O pasado 7 de agosto, o Partido Popular de Ponteareas solicitoulle ao goberno local a convocatoria dunha Comisión Informativa de Urbanismo para que informasen da situación actual do PXOM, non a convocaron e, 24 días despois, marcaron unha reunión con todos os grupos municipais na que o Sr. Represas tentou xustificar o traballo levado a cabo nestes tres meses.

Quince días despois, vólvennos a convocar a outra reunión na que presentaron unha proposta de cambios a realizar no espazo rural. Modificacións que segundo explicaba o Sr. Represas non son significativos, nin relevantes, tan só cuestións concretas e correccións de erros.

Nestas dúas reunións, o portavoz do PP, Salvador González Solla, ademais de indicarlle ao Alcalde que incumpriu a súa obriga de convocar a Comisión de Urbanismo, pediulle que sen máis demora se aprobe provisionalmente o PXOM e que, dunha vez por todas, indique cales serán o resto dos cambios que pretende realizar noutras zonas, tamén se interesou, de como pretenden resolver a súa ordenación pormenorizada e, por suposto, si todas estas novas propostas contan coa xustificación xurídica, cos informes favorables dos técnicos e do equipo redactor.

Para o PP, o proceso de aprobación non se pode dilatar máis no tempo, xa que neste momento non existe ningunha razón para retrasalo máis, porque o Plan conta con todos os informes sectoriais favorables e, os pequenos axustes, solicitados no seu dia pola Secretaria Xeral de Calidade Ambiental, xa foron corrixidos e emendados.

O portavoz do PP, aproveitou para dicirlle que independentemente de que está de acordo con estes cambios irrelevantes, propostos no espazo rural; neste momento non hai máis escusas e urxe que o goberno. dunha vez por todas. remate a súa proposta. Xa tiveron tempo suficiente para coñecer as reformas operadas no PXOM de acordo cos informes sectoriais, ademais de contar na pasada lexislatura con todas as facilidades para tratar directamente calquera aclaración ou asunto que precisasen co equipo redactor.

Tamén, unha vez máis o PP, aproveitou para recordarlle ao goberno que o prazo de dous anos da paralización de licenzas xa rematou e que xa comezou a tramitación da nova Lei do Solo de Galicia no Parlamento Galego; cuestións estas que suporán máis problemas para alcanzar a aprobación definitiva do Plan, á vez que levarán a que este Concello teña que gastar máis cartos ante a necesidade dunha nova redacción do Plan.

Finalmente, o portavoz do PP advertía ao actual goberno municipal que non podemos perder esta magnifica oportunidade de que, por vez primeira, o PXOM conte cun gran consenso e con todos os informes favorables, froito dun enorme traballo anterior e que a súa aprobación será vital para o desenvolvemento presente e futuro do noso municipio.