O PP pídelle o alcalde que non minta e non utilice datos falsos no servizo da Estación de Autobuses

-Os custes da Estación de Autobuses dende xullo de 2011 ata a data actual son de 57.000 euros, lonxe dos 200.000 euros que afirma o executivo local.

-Hoxe en día o servizo non supón ningún custe para o Concello, xa que os gastos están lonxe dos 33.000 euros que se ingresan anualmente por aluguer de locais e polo Canon que pagan as empresas de transporte que alí operan.

As recentes manifestacións do alcalde e da concelleira de mobilidade acerca da estación de autobuses, poñen unha vez mais en cuestión que o goberno local teña claro “por onde anda”.

A concelleira que xestionaba na pasada lexislatura a área de facenda, Belén Villar, manifesta que os datos que manexa e publica o executivo local son rotundamente falsos, polo que resulta mais que lamentable, que o máximo representante político do noso Concello, o Sr Represas, faga afirmacións tan esaxeradas e alarmantes, respecto ao gasto da Estación de Autobuses.

Hai que decir que o servizo da Estación de Autobuses é xestionado polo Concello de Ponteareas dende o ano 1991 mediante un convenio entre a Xunta e o Concello que rematou en xullo de 2011, e realmente, segundo afirma a concelleira, o que lle leva custado a este Concello a Estación de autobuses, a data de hoxe, son 57.000 euros, cifra bastante lonxana dos 200.000 euros que o Sr Represas ven manifestando estes días en diferentes medios. Importe amais que a Xunta reintegrará o Concello dacordo co escrito remitido no ano 2013 ao alcalde González Solla.

Continúa explicando Belén Villar que, “para este ano 2015, as previsións que manexaba a concellería de facenda para o peche do exercizo, despois dos diferentes cambios e xestións organizativas realizadas, reflexaban que por primeira vez este ano a Estación de Autobuses vai a ter resultados positivos, xa que os gastos da estación de autobuses estarán moi por debaixo dos 33.000 euros que se ingresan anualmente por aluguer de locais e polo canon que pagan as empresas de transportes que alí operan”.

Polo tanto, tendo en conta que os datos económicos do servizo non son tan dramáticos como trata de facernos creer o Sr Represas, e realmente o servizo non vai a custar diñeiro neste ano, o Partido Popular, en ningún caso, vai estar a favor do peche da Estación de autobuses que plantexa o Goberno municipal, porque perxudicaría os nosos veciños, que deixarían de disfrutar dun servizo de transportes. E si o Goberno decide facelo, alá a súa responsabilidade.

O Partido Popular é consciente de que a Xunta xa licitou este servizo en dúas ocasións, non habéndose presentado empresas e quedando o concurso deserto, e neste momento está en proceso unha terceira licitación, o que demostra que sí existe compromiso e vontade de solucionar este tema, primeiro porque é competencia desa administración, e segundo porque o convenio está rematado.

O Partido Popular quere que o goberno tripartito BNG-PSOE-ART sexa serio e responsable, que continúen as xestións iniciadas polo Goberno do PP, e que se poñan a traballar en moitas outras cuestións que están sen resolver e por suposto que non mintan e que non utilicen datos falsos que alarmen a poboación.