PORTAVOZ PP

O PP presentou una moción o Pleno para que o novo parque urbán forestal leve o nome de “Gloria Ferro Ucha”

Na pasada lexislatura o goberno do PP conscente da necesidade da disposición urxente de solos dotacionais, e en especial da búsqueda de novos espacios para equipamentos dotacionais, verdes e de ocio, encargou un estudio da idoneidade de ubicación dunha nova gardería municipal e un novo parque urbano de diferentes parcelas. Froito deste estudo, o terreo aconsellado situabase na estrada de Guillade, na rúa Xoan Trovador Garcia de Guillade, por ser esta a parcela máis idónea para os fins perseguidos, tanto pola súa proximidade ao centro da vila como polo atractivo valor paisaxistico co que contaba a devandita parcela.

Por esta razón, o goberno municipal do PP comenzou a traballar para a consecución de ditos terreos propiedade de Dona Gloria de la Soledad Ferro Ucha, levando a cabo diversas reunións coa propiedade co fin de confeccionar a redacción do convenio urbanístico necesario, que foi aprobado por unanimidade polo pleno da corporación municipal o 17 de outubro de 2012.

Posteriormente, no ano 2013 o concello solicitaba unha axuda á Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo o proxecto de obra denominado “Construcción do novo Parque Urbano Forestal de Ponteareas”, dentro do Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013. Proxecto este, que finalmente contou cunha subvención para a súa execución do 100% do investimento total.

Hoxe unha vez rematadas as obras, este novo parque forestal é unha realidade, contando cunha superficie aproximada de 4.300 m2 no cal xa se pode disfrutar da súa gran riqueza paisaxistica e medioambiental, ademais da existencia de diferentes zonas diferenciadas, una máis urbanizada e transformada, destinada a xogos infantis e outra que se mantivo prácticamente en estado natural, para que tanto grandes como pequenos poidan gozar dun ambiente natural dentro do propio casco urbano.

O parque tamén dispón de diferente mobiliario, mesas, cadeiras, xogos e outros elementos como papeleiras, asi como dunha zona de auga.

O proxecto realizado forá planificado polo anterior goberno do PP encadrandose na posta en valor de novos espazos destinados ao uso público para o recreo e ocio das veciñas e veciños do municipio.

Agora unha vez rematadas as obras e tel e como se comprometerán as partes concello e propiedade no momento da sinatura de dito convenio urbanistico o grupo municipal do PP levará ao próximo pleno ordinario unha moción na que se propón á corporación municipal a adopción do acordo de que este novo parque leve o nome de “ Parque Urbano Forestal Gloria Ferro Ucha “, en agradecemento á total disposición e colaboración mostrada pola da propiedade na tramitación do devandito convenio de cesión de dita parcela destinada para parque público, hoxe unha realidade.