IMG 3239

O PP mostrase satisfeito polo remate das obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo tramo II e Amado Garra tramo I

O Partido Popular quere mostrar a súa satisfación polo remate das obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo tramo II e Amado Garra tramo I que contaron cun orzamento superior os 225.000 euros e que foron financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan de Obras e Servizos 2014.

As dúas novas rúas reformadas completamente apostaron pola creación dun novo espazo urbano máis axeitado as necesidades do cidadán, cun maior ancho de aceras, un deseño de pasos de peóns mais seguros, a instalación de bancos, árbores, a renovación do firme da calzada, a ordenación das prazas de aparcamento e o pintado e a sinalización das rúas.

Ademais da construcción de novas aceras de lousas de granito silvestre cun ancho minimo de 1,50 m., levouse a cabo a instalación da nova rede de abastecemento de auga potable, procedendo a súa vez á instalación de 4 novas bocas de rego para a extinción de incendios.

Todas estas obras se complementaron coa instalación de diverso mobiliario urbano como bancos, papeleiras e plantado de árbores nas zonas das rúas onde o seu ancho o permitiu.

Estas actuacións na rúa Reveriano Soutullo complementaron as obras de renovación e humanización levadas a cabo con anterioridade no primer tramo desta rúa. Asi como tamén estas obras forman parte da planificación iniciada polo anterior goberno do partido popular dentro do plan de mellora de humanizacións de rúas do casco urbano.

Por último, o portavoz do PP Salvador González Solla, mostrou a súa satisfacción polo remate desta obra, asi como tamen quixo agradecer a colaboración e a paciencia sempre prestada polos veciños e locais comerciais afectados por esta obra. E aproveitou para recordarlle o PSOE e o BNG que todos os proxectos aprobados e adxudicados no final da pasada lexislatura non eran nin fume nin propaganda electoral tal e como manifestaban daquela, senon que agora como se pode ir comprobando este e outros proxectos máis, son e serán, unha realidade en pouco tempo, xa que todos eles foron froito dunha rigurosa planificación e contaron coa financiación necesaria para sua execución.