1b6069f7031f5df88e14909413a02435 XL

O alcalde incumpre a Lei da Administración Local de Galicia en referencia o procedemento de tramitación tramitación da conta Xeral

No Día de hoxe, tivo lugar a sesión extraordinaria da Comisión informativa Especial de Contas e Facenda para a emisión de informe da Conta Xeral correspondente o exercicio 2014 do Concello de Ponteareas.

A convocatoria da Comisión Informativa foi recibida polos integrantes da mesma o martes día 25 de agosto, cando existe un procedemento de tramitación que se regula no artigo 212 do TRLRFL (Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais) e no artigo 212.4 da LALG (Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia), onde queda establecido que a Comisión Especial de Contas estará constituida por membros dos distintos grupos políticos integrantes da Corporación, e as contas obxeto de aprobación e dictame estarán a disposición dos membros de dita Comisión, para o seu exame e consulta, como mínimo quince días hábiles antes da reunión.

Polo tanto, e dado que a convocatoria de sesión extraordinaria da Comisión Informativa Especial de Contas e Facenda fíxose aos grupos políticos o día 25 de agosto, o Alcalde incumpre os prazos que marca a Lei, e con tal motivo priva os membros dos distintos grupos da consulta e exame das contas que se van a dictaminar en dita comisión informativa.

O Partido Popular denuncia a actitude do Alcalde negándose a anular Comisión Informativa Especial de Contas celebrada no día de hoxe por non cumprir os prazos de convocatoria que marca a Lei e negarse a volver a convocar dita comisión dacordo co procedemento de tramitación que marca a Lei (TRLRFL e LALG) e respetando os prazos que alí se fixan.Dende o grupo municipal do Partido Popular lamentamos que o discurso de transparencia, legalidade e cumprimento con rigor das Leis e Ordenanzas que tanto predica o Goberno, non o apliquen eles mesmos.

O PP critica o comportamento do BNG e tacha de cómplices ós grupos do PSOE, ART e IU por non esixir o cumprimento da Lei e continuar coa celebración da Comisión e a emisión do voto favorable a pesar da advertencia feita polo Partido Popular de que estaban incumprindo a Lei.

Ante esta ilegalidade levada adiante polo Sr Alcalde, o Partido Popular vai efectuar as reclamacións xurídicas que sexan necesarias para esixir que o Goberno municipal cumpra coa Lei, polo ben do Concello e dos nosos veciños.