20150801 203907

Rematan as obras da pasarela metálica de acceso ao barrio de Canedo e San Vicente

 

Este proxecto realizado e adxudicado polo anterior goberno fora aprobado polo pleno da corporación o 27 de marzo de 2015 co único voto en contra do BNG, e supuxo una inversión de preto de 73.000 euros.

A construcción desta Pasarela metálica a ambos lados da ponte existente era una necesidade e vai mellorar un tramo da via de acceso os barrios de Canedo e San Vicente que carecían de beirarruas

Rematan as obras da pasarela metalica de acceso ao barrio de Canedo e San Vicente que contarón cun orzamento de preto de 73.000 euros.

Este proxecto realizado e adxudicado polo anterior goberno presidido por Salvador Gonzalez Solla fora aprobado polo pleno da corporación o 27 de marzo de 2015 co único voto en contra do BNG.

Os traballos levados a cabo tiveron como obxectivo principal a mellora dun tramo da via de acceso a os barrios de Canedo e San Vicente que na actualidade carecían de beirarruas, resultando moi perigoso o transito peonil. Deste xeito, con esta actuación rematada arranxouse este problema coa construcción desta pasarela metalica a ambolos dous lados da via.

A pasarela construida conta cunha lonxitude de mais de 26 metros e 1,68 metros de anchura e terá a partir de agora un uso exclusivamente peonil. A súa estructura principal é unha artesa de chapa metalica prevista de reixas a base dun tubo horizontal superior de 50 milimetros de espesor e barrotes verticais metalicos e rectangulares cada 12 centimetros.

Ademais, cabe mencionar que a pasarela e a via non están en contacto permitindo deste xeito a evacuación da auga provinte das choivas no lugar onde foi instalada.

A obra levouse a cabo grazas a un investimento de preto de 73.000 euros procedentes integramente do Plan de Investimentos e Obras 2015 concedido no mes de marzo ao concello pola Deputación de Pontevedra.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas mostramonos moi satisfeitos do remate desta obra que estamos seguros que permitirá garantir a seguridade dos peóns nesta vía.

Asi mesmo queremos deixar claro que todolos proxectos aprobados no final da lexislatura pasada que como este entre outros moitos mais, non eran nin fume nin propaganda electoral tal como manifestaban daquela o PSOE e o BNG, se non que como se pode agora comprobar todos estes proxectos son e seran unha realidade en pouco tempo, xa que todos eles foron froito dunha rigurosa planificación e o mais importante que contarón como é preceptivo da financiación necesaria para súa execución con fondos exclusivamente da propia Deputación Provincial de Pontevedra.