O Sr Represas e o Goberno municipal subvencionan o emprego de dous concelleiros mais

-O Alcalde de Ponteareas cobrará polas asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno local e Comisións informativas mais de 8.000 euros o ano

-O aforro pola renuncia do soldo que anunciou o Sr Represas como alcalde non é tal, xa que este incrementou dúas dedicacións parciais no Goberno que supoñen 31.500 euros brutos o ano.

Nos últimos días o Sr Represas, anunciou a “bombo e platillo” nos medios de comunicación que non ía cobrar soldo como Alcalde, tal e como xa manifestara no seu programa electoral, e ese aforro de 39.200 eu o ano ía destinalo á creación de emprego no municipio de Ponteareas.

Despois da celebración do Pleno extraordinario de organización, no que o portavoz do Partido Popular Salvador González Solla pediulle o Sr Represas que aclarase se ía ou non a cobrar por asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno local e Comisións informativas, quedou claro que sí o fará, e polo tanto percibirá o ano mais de 8.000 euros.

Con este acordo Plenario, o Goberno pasou de ter 4 dedicacións dos concelleiros a ter 6, o que supón un incremento de 31.500 euros o ano, ó que hai que engadir o custe das asistencias que vai percibir o Alcalde o longo do ano e que suporá un coste de mais de 8.000 euros, que xunto cos 31.500 euros de incremento das dedicacións dos concelleiros do goberno, fan unha cuantía de 39.500 euros o ano, en contraposición dos 39.200 euros que costaba a retribución do Alcalde.

Polo tanto, este novo Goberno o único que fixo foi cambiar de mans os cartos das retribucións, dando un soldo a dous novos concelleiros do Goberno, tendo en conta que o Sr Represas ten una situación económica desafogada grazas a súa prexubilación na banca, e que deste xeito pode a maiores cobrar os importes das Asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno e Comisións informativas.

A realidade é que o único emprego que subvencionaron foi o de dous concelleiros do goberno, xa que agora son 6 os concelleiros que cobran, quedando patente a gran mentira do Sr. Represas sobre o asunto do aforro do seu soldo no Concello.

O goberno actual vai ter maior coste que o anterior por crear duas novas dedicacións, tamén porque o Alcalde cobrará por asistencias e porque ademais estas subíronas un 17% o seu importe.

Para o grupo municipal do Partido Popular e para os veciños non hai explicación nin xustificación deste aumento de salarios dos concelleiros do Goberno, xa que en novembro do 2012, eles mesmos, o BNG, o PSOE e ACIP aprobaban 4 dedicacións para o Goberno porque entendían que estas eran suficientes para gobernar Ponteareas. E agora mudan o seu criterio aumentando o número de dedicacións os concelleiros, sen outra explicación que non sexa a de cobrar por cobrar.