O Goberno incrementa o custe da Corporación municipal para esta lexislatura 2015-19

 -O Goberno incrementa en dúas o número de dedicacións a concelleiros, pasando de ter o Goberno anterior 4, a ter este novo Goberno 6 dedicacións, sendo a xestión de gobernó a mesma.

-Increméntanse as subvencións a grupos políticos nun 43% e nun 17% o importe das Asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno e Comisións Informativas

Celebrado o Pleno Extraordinario de Organización no día de hoxe e ante a proposta do Goberno que foi apoiada polos grupos BNG-PSOE-ART, e por ACIP, o Partido Popular que votou en contra, presentou unha enmenda de sustitución que mantiña as mesmas dedicacións a Concelleiros, e os mesmos importes por asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno local e Comisións informativas, así como as subvencións os grupos políticos, tal e como estaban dende o ano 2013, e que foran propostas naquel momento polos mesmos grupos que hoxe votaron en contra (BNG, PSOE e ACIP).

Co acordo do día de hoxe, o Goberno súbese de 4 dedicacións (2 totais e 2 parciais) que tiña o anterior Goberno a 6 dedicacións (2 totais e 4 parciais) para o Goberno actual, o que supón un incremento de 31.500 euros en dedicacións a Concelleiros do Goberno.

Hai que recordar que no Pleno de organización de xullo de 2011 e no Pleno ordinario de novembro de 2012, os daquela grupos da oposición (BNG, PSOE e ACIP) aprobaron conxuntamente una moción na que fixaron un número de 4 dedicacións para o Goberno xustificando que eran suficientes para gobernar o Concello de Ponteareas, sobre todo tendo en conta que está privatizada a xestión de numerosos servizos: lixo, piscina, auga, recaudación de tasas, …, e hoxe aprobaron 6.

Dende o Grupo do Partido Popular non entendemos nin creemos xustificado este cambio, xa que ou van a municipalizar os servizos ou é que agora con tres forzas políticas no Goberno o reparto de dedicacións tivérono que incrementar.

Se a xestión e a responsabilidade de gobernar o Concello é a mesma independentemente do número de concelleiros que estén gobernando, é incomprensible e inxustificado que por incrementar un concelleiro mais, pasando de 9 concelleiros no Goberno anterior a 10 no actual, se incrementen duas dedicacións parciais mais, cando eles reiteradamente manifestaron o longo da lexislatura pasada que 4 dedicacións eran suficientes para Ponteareas.

Ademais, no Pleno de hoxe aprobaron un 43% de incremento ás subvencións a grupos políticos e un incremento do 17% para as Asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno e Comisións Informativas, co cal inexcusablemente vai supor mais gasto para este Concello.

GOBERNO ACTUAL GOBERNO ANTERIOR
ASISTENCIA COMISIÓNS GOBERNO 66 56,25
ASISTENCIA COMISIÓNS INFORMATIVAS 44 37,5
ASISTENCIA PLENOS 105 90
SUBVENCIÓNS GRUPO POLÍTICO, POR GRUPO, POR MES 200 140
SUBVENCIÓNS GRUPO POLÍTICO, POR CONCEJAL, POR MES 50 35

 

Para rematar, o grupo municipal do Partido Popular quere manifestar que coa aprobación da proposta do Goberno municipal, de maior número de dedicacións a concelleiros do Goberno, maior importe de pago polas Asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno local e Comisións informativas e maior subvención os grupos políticos, mais alá de reducir o gasto anual o que fan é incrementalo, sen xustificación ninguna, e son os mesmos, que fai pouco mais de dous anos as reduxeron.