Remataron as obras de Reposición de firmes de viais parroquiais, incluídas no Plan de Mellora de camiños rurais 2014-2015

Nos últimos días remataron as obras de “Reposición de firmes de viais parroquiais, incluídas no Plan de Mellora de camiños rurais 2014-2015” por valor de 127.253 euros. Varios viais das parroquias ponteareás de Xinzo, Prado e Cristiñade foron obxecto de renovación do firme e adecuación dos mesmos, afectando en concreto ás pistas que comunican o barrio do Coto (Xinzo) co do Peso (Areas), a do Souto ata a subida á igrexa, en Prado, e da Porteliña ás Cinco Esquinas, en Cristiñade.


Cun orzamento de máis de 127.000 euros, os traballos acometidos consistiron na construcción e limpeza de cunetas de terra e reposición do firme asfáltico mediante recrecemento, así como a construcción de pendentes transversais de bombeo, procedéndose tamén a elevación das cunetas existentes para adaptalas á rasante definitiva da calzada. Estas actuacións tiveron como obxecto, mellorar as características funcionais, de seguridade e de comodidade das pistas para a mellor circulación.
O Partido Popular de Ponteareas, congratulase do remate destas obras que foron incluídas no Plan de Mellora de Camiños Rurais posto en marcha polo anterior goberno municipal presidido por Salvador González Solla, cumprindo así cos compromisos adquiridos cos colectivos e cos veciños e veciñas destas parroquias.

11000185_1082109735136815_1454393420699031347_n 11537829_1082109761803479_2888793396639145521_o 11539620_1082109731803482_8409443303977789546_n